Intervención de Francisco Jorquera no debate do estado da nación

Pontón: “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado”

Ana Pontón exhibe no Parlamento un exemplar do Atila en Galiza de Castelo e denuncia que as políticas de Feijóo condenan a Galiza a ser un país sen futuro
Ana Pontón mostra un exemplar do Atila en Galiza
Ana Pontón mostra un exemplar do Atila en Galiza
A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón principio hoxe a súa intervención no Debate do Estado da Nación exhibindo na Cámara galega un exemplar do Atila en Galiza, o Segundo dos albumes de Guerra no que Castelao denunciaba a terrible represión que o “feixismo” estaba a provocar en Galiza.
Para a parlamentaria, “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado” porque a cidadanía galega, dixo, xa non atura máis as “mentiras” nin as políticas de sufrimento.
Ana Pontón criticou a “falta de exemplaridade política” do mandatario galego por manter no seu goberno ao Delgado de Ourense acusado de malversación de fondos públicos e ocultar os contratos co narcotraficante Marcial Dorado ou as empresas da Trama Gürtel.
A proposta estrela de Feijóo para rebaixar o IRPF “unha fraude”
A nacionalista tamén puxo en evidencia “a fraude” que supón a proposta “estrela” de Feijóo de rebaixar o IRPF para as rendas máis baixas.”Como moito deducirán 63 euros anuais máis se esquece de dicir que as rendas baixas seguen tributando máis que antes da chegada do PP ao Goberno”.
Pontón diríxese a Feijóo
Pontón diríxese a Feijóo
Unha medida real propuxo Pontón, sería “subirlle os impostos as rendas altas”, porque é tremendamente regresivo “subir o imposto á gasolina que pagarán por igual todos os galegos e galegas con independencia de que sexa un parado ou Amancio Ortega”.
O BNG presenta alternativas as políticas regresivas do PP
Hai alternativas, dixo, e citou como exemplo aos alcaldes do BNG que poñen ao lado dos doentes crónicos ante a “inhumana medida do copago”. “Porqué non o fai a Xunta Sr.Feijóo” interpelou Pontón.Non lles preocupa que poida haber miles de persoas que non van poder pagar os tratamentos médicos?.
Galiza non é un País pobre, senón empobrecida polas políticas “austericidas” do Partido popular que están a ter como consecuencia que “os ricos sexan máis ricos e os pobres aínda máis pobres. “Por iso, Galiza precisa ter capacidade para decidir, Soberanía real fronte ao espolio” porque a nosa “irrelevancia política está a ser mortal para o noso país”, conclúiu.
Intervención integra da viceportavoz Ana Pontón Mondelo no Debate do Estado da Nación  Parlamento galego ,17-Outubro-2013

O BNG presenta 100 propostas contra o empobrecemento e o paro

O BNG salta a restrición de 50 propostas de resolución e presenta 100 porque “Galiza ten máis de 50 problemas”
Ana Pontón presenta as 100 propostas
Ana Pontón presenta as 100 propostas contra as políticas do Partido popular
 A viceportavoz do Grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón presentou hoxe ante os medios de comunicación as 50 propostas de resolución esixidas no novo formato do Debate do Estado da Nación á que sumou outras cincuenta porque “Galiza ten máis de 50 problemas”.
A deputada afirmou que Feijóo ofrece un “pacto de silencio” cando se refire ao dialogo e o BNG “non vai calar” ante os problemas reais de Galiza, de aí que presente 50 alternativas máis a pesar da limitación na presentación de propostas.
 Alternativas para frear o espolio galego, loitar contra o paro e defender os servizos públicos
A nacionalista anunciou as propostas de resolución do BNG que enmarcou en tres eixos básicos: “frear o espolio de Galiza, loitar contra o paro e emigración xuvenil e a defensa dos servizos públicos”.
As alternativas do BNG contrastan co discurso do Presidente da Xunta de Galiza, dixo, un presidente que “esqueceu o sufrimento de milleiros de galegos e galegas, non recoñeceu os seus erros e segue sen mostrar disposición a mudar de política”.DSC_0336
Pontón considerou “unha medida insuficiente” a proposta de rebaixar o IRPF nas rendas máis baixas realizada onte por Feijóo no Debate do Estado da Nación e explicou que despois de facer os cálculos, a “medida estrela” do Presidente da Xunta representará un impacto real entre os 25 e os 63 euros anuais.
Para a deputada, Núñez Feijóo pretende con este anuncio tapar outras medidas regresivas como o novo céntimo sanitario e a suba do combustible, co agravante de que serán impostos que pagarán igualmente unha persoa en paro ou Amancio Ortega. Fronte a isto, o BNG defende unha reforma fiscal xusta cambiando o modelo de financiamento para contar con máis recursos.
Avogamos, manifestou por unha reforma fiscal que “grave ás rendas máis altas, crear un imposto sobre as grandes superficies comerciais e empresas pola contaminación do medio ambiente”.
Asemade, o BNG proporá “a autonomía fiscal plena” e que as empresas tributen en Galiza e non en Madrid o que suporían “1.000 millóns de euros para as arcas públicas galegas”.
 O BNG reclama parar a venda de Novagalicia Banco e crear unha tarifa eléctrica galega
Pontón tamén aludiu a outras propostas entre as que destacou: a paralización da venda de Novagalicia Banco, a creación dunha tarifa eléctrica galega , unha quita ás hipotecas e a defensa do idioma galego coa “inmediata retirada” do decreto.
A loita contra o paro e a emigración xuvenil obriga a aproveitar a capacidade produtiva galega a través de iniciativas de apoio ao agro, pesca sector naval e eólico ao que sumou máis investimento en I+D+i.
Rolda de prensa da viceportavoz  Ana Pontón
Rolda de prensa da viceportavoz Ana Pontón
A nacionalista apostou polo “emprego de calidade” e medidas de política social que conleven a eliminación do “repago d@s enferm@s crónicos”, loitar contra a pobreza creando unha “renda de garantía social” para poder vivir dignamente, protección dos desafiuzad@s e reducir o 50% dos gastos da Cidade da Cultura para destinalos ao sector do libro e ás artes escénicas.
Finalmente volveu reclamar a entrega da documentación solicitada sobre Marcial Dorado e da trama Gürtell así como unha reforma electoral e do regulamento do Parlamento co obxecto de convertelo en “máis democrático e áxil” e con maior capacidade para dar resposta aos problemas de Galiza.
Consulta aguí as 100 propostas do BNG

POLO EMPREGO! POLO FUTURO! POR GALIZA!


Manifestación nacional convocada pola CIG. Sábado 19, ás 12h., desde a Alameda de Santiago de Compostela

POLO EMPREGO! POLO FUTURO! POR GALIZA!

Marcha polo emprego desde o Pazo de Sober ate o Hospital Comarcal de Monforte

A CIG, dentro da campaña polo emprego que está a desenvolver, ten programadas marchas a pé por todas as comarcas durante a semana do 14 ao 19 de outubro, para dar a coñecer a iniciativa da central sindical e pór no centro do debate social e institucional o grave problema do desemprego e as medidas que se deberían adoptar para afrontalo. 
Ademais, nesta semana previa estanse a realizar repartos na rúa, nos centros de traballo e nas oficinas do Inem, así como outro tipo de accións polos barrios, para informar das propostas e mobilizacións da CIG. A primeira fase da campaña concluirá o sábado 19 de outubro cunha manifestación nacional, que sairá ás 12:00 horas da Alameda compostelá.

Na nosa comarca a marcha será mañá mércores 16 de outubro ás 10:30 horas  dende o Pazo de Sober (Sober) até o Hospital comarcal de Monforte.

A CIG presentou  unha campaña que se desenvolverá nos vindeiros meses, coa que se pretende pór o problema do desemprego nun primeiro plano. A campaña contempla a celebración de asembleas en todas as comarcas, mobilizacións en todo o país e a presentación dunha ILP para promover o debate, no Parlamento, da proposta elaborada pola central sindical, na que se recollen “100 medidas para o crecemento económico e a creación de emprego en Galiza”.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro e manifestacións para ese día ás 11:30 horas

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga contra a LOMCE para o 24 de outubro en todo  sistema educativa galego. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público fai un chamamento a secundar a folga e  participar de xeito masivo nas mobilizacións que se van realizar ese día ás 11:30 horas da mañá nas sete cidades, na Mariña, Cee, Carballo, Lalín e Vilagarcía.    

Ademais da Marcha a Santiago contra a LOMCE -prevista do sábado 28 de outubro- a Plataforma Galega fixo público un novo calendario de mobilizacións que inclúe a realización dunha acción o 16 de outubro diante da Consellaría de Educación, promover unha manifesto da cultura galega contra a LOMCE e reeditar o formato de actos comarcais  con música e letras contra a LOMCE en todo o país o 13 de novembro.

A reforma local do PP: menos servizos, menos benestar e menos democracia

O BNG pon en marcha unha campaña informativa por todo o país para explicar ao conxunto da sociedade galega as consecuencias da reforma local do PP, que  vai supor a perda de servizos públicos e sociais que a día de hoxe están a recibir dos concellos. A reforma supón recortar servizos, privatizar os que queden e invadir competencias dos municipios en beneficio das deputacións.


Baixo o lema Reforma dos concellos, ruína da cidadanía, e coa presenza dunha ampla delegación de alcaldes e alcaldesas do Bloque, o portavoz nacional, Xavier Vence, presentou o que definiu como unha campaña “ampla e incisiva” para concienciar a cidadanía de como a reforma afectará a súa calidade de vida.
A reforma local é un paso máis, dixo Vence, na “estratexia xeral” de recortes que está a aplicar o PP na sanidade, na educación ou na dependencia. Neste caso, co agravante de que se invaden competencias directas dos concellos a favor das deputacións, “pese a que os primeiros son a administración máis próxima e ten un coñecemento claro dos problemas dos veciños e das veciñas, todo o contrario do que sucede coas deputacións”, argumentou.
Estamos ante unha reforma lexislativa que implica “redución de servizos públicos á cidadanía, redución do benestar e redución da democracia, xa que resta competencias aos concellos elixidos pola cidadanía para recentralizar esas competencias nas deputacións, que non son de elección directa”, advertiu Vence.
Presentacion campaña Reforma dos concellos, ruína para a cidadaníaEntre os servizos afectados: asistencia social a domicilio así como as prestacións que dependen dos traballdor@s sociais dos concellos, centros de día, políticas de dinamización de emprego, escolas infantís, comedores escolares ou as prestacións deportivas e culturais.
Privatización
Laminar os concellos quitándolle servizos para concentralos nas deputacións como paso previo a súa privatización, avanzou o portavoz nacional. “Estes servizos que agora prestan os concellos serán ofertados en macro-contratos desde as deputacións en beneficio de grandes empresas de servizos madrileñas que optarán a eses suculentos paquetes sen preocuparlles as necesidades reais, nin as particularidades dos veciños e das veciñas de cada concello”.
Os efectos deste cambio, “serán especialmente desastrosos para os municipios pequenos do medio rural”, indicou.
“O efecto desta reforma muda para peor a prestación de servizos públicos que a cidadanía recibe dos concellos e debe ter unha resposta contundente por parte do conxunto da sociedade galega, por iso poñemos en marcha esta campaña que se impulsará desde os concellos gobernados polo BNG, pero esperamos que se fagan eco todos os concellos do país porque afectará a todos”.
A campaña, coordinada desde a secretaria de Política Municipal por Goretti Sanmartín, despregarase por todo o país durante as vindeiras semanas, tendo en conta que as previsións do PP pasan por aprobar a reforma antes de fin de ano, con charlas explicativas, actos simbólicos e distribución de miles de folletos informativos.
A presentación contou coa presenza dunha ampla representación de gobernos locais do BNG: alcalde Allariz, Francisco García, a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o alcalde de Riotorto, Federico Gutiérrez, de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, de Carballo, Evencio Ferrerio, de Poio, Luciano Sobral, de Zas, Manuel Muíños, de Rianxo, Adolfo Muíños, Rafael Pérez, da Mezquita, Xosé Luis García, de Arzúa, Ramón Noceda, de Carnota, Manuel Adán de Santiso, Secundino García Casal de San Sadurniño e o Xusto Fernández, portavoz municipal de Mondoñedo.

O alcalde de Riotorto fai un chamamento social para frear a “inhumana” medida do copago do PP

Dentro da estratexia de insubmisión do BNG contra ás medidas de recorte do PP, o alcalde de Riotorto toma de novo a iniciativa e fai un chamamento social para frear a “inhumana” medida de copago dos medicamentos hospitalarios aprobada polo Goberno central e asumida pola Xunta de Feijóo.
O nacionalista Federico Xosé Gutiérrez Estoa diríxirse por  carta aos colectivos sociais, aos colexios profesionais, as plataformas en defensa da sanidade, aos representantes institucionais, ao movemento veciñal, aos sindicatos, ás organizacións profesionais, as asociacións de doentes e en definitiva ao conxunto do tecido social, para organizar en réxime de autocovocatoria unha xuntanza que se celebrará o sábado 26 ás 11:00 h na Casa da Cultura do Concello de Riotorto.
Alcalde de Riotorto
No escrito feito público polo propio rexedor deixa claro o obxectivo: facer unha fronte do conxunto da sociedade galega para derogar a orde que fixa o copago para determinadas doenzas crónicas ou, no seu defecto, paralizar a súa aplicación en Galiza.
Estoa, o primeiro alcalde que manifestou que no caso de que esta medida fose adiante o seu Concello asumiría o copago ao que tivesen que facer fronte os seus veciños volveu falar alta e claro:
Non teño dúbida algunha que a grande a maioría da sociedade, isto é esa grande maioría de xentes de ben, non podemos dar por bo unha proposta que deixa fora do dereito a saúde a homes e mulleres en función do seu poder adquisitivo. Pero hai máis, porque tamén esa grande maioría de xentes de ben, temos unha responsabilidade coa nosa sociedade de hoxe e coa sociedade que lle imos deixar en herdanza aos nosos fillos”, alega Estoa.
En definitiva, asegura o alcalde,  “tócanos a nós dar esa grande batalla social que garanta que a sanidade en Galiza vai seguir a ser algo universal e gratuíto. Non hai posibilidade de mellorar o presente, de dotar ao noso pobo duns estándares mínimos de calidade de vida se non somos quen de enfrontar a axenda da Xunta que é a mesma que ao do capital. É máis, esta decisión non se xustifica mesmo desde a perspectiva do aforro para os orzamentos públicos, algo que recoñeceu o presidente da Xunta, o problema está en que o presidente da Xunta está nunha cruzada contra a sanidade pública e tanto lle ten o que lle poida acontecer a unha persoa que careza de medios económicos.
O rexedor do BNG confía en que “a presión social” faga rectificar ao Goberno, e explica con exemplos concretos os efectos da medida do copago para @s doentes afectad@os:
A decisión do goberno significa cruzar todas as liñas vermellas, xa que pretenden cobrar por medicamentos como Afinitor o el Tyverb utilizados para retrasar o cancro de mama, o Votrient ou Temodal utilizados para o tratamento do cancro de riñón e os tumores cerebrais respectivamente, a máis doutras medicacións como LCM prescritos para a leucemia mieloide crónicao tratamento  de tumores malignos non resecabeis e/ou metastásicos do estroma gastrointestinal (GIST), a artrite reumatoide, a dexeneración macular ou  a hepatite c crónica”.
En definitiva , recalcou o alcalde de Riotorto, “estamos diante dun goberno sen alma que non coñece a palabra humanidade e que con decisións deste tipo non fai outra cousa que retratarse ou deixar claro que só goberna para os ricos”.
Neste sentido, Estoa lamentou especialmente as palabras do vicepresidente do Goberno galego ou  do alcalde de Ferrol en canto tamén é presidente da FEGAMP, que consideraron unha “cuestión menor” prestar estes servizos aos cidadáns. “É unha canallada que demostra que carecen de corazón, sentimentos e humanidade”, declarou.
Estoa afirmou que as  últimas decisións que  ven de adoptar o Ministerio de Sanidade afecta a doenzas tan sensíbeis como o cancro de mama ou ril, os tumores cerebrais, a leucemia ou a SIDA e significa, de facto, “a ruptura con todas a liñas vermellas que garantían a universalidade da sanidade”.
O alcalde de Riotorto conclúe decindo que “só hai un camino”: Instar ao presidente da Xunta a que paralice a entrada en vigor da Resolución do 10 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Carteira Básica de Servizos do Sistema Nacional de Saúde e Farmacia, pola que se procede a modificar as condicións de financiación de medicamentos incluídos na prestación farmacéutica do Sistema Nacional de Saúde mediante a asignación de achega do usuario e, na mesma liña, demandar do Goberno do Estado a derogación da resolución recollida no BOE do 10 de setembro que establece a obrigatorieade da achega do usuario para as patoloxías e a carteira de medicamentos fixadas na referida resolución”.