PAREMOS O PP! Non votes contra ti e os teus dereitos



  • Despedimento masivo e máis barato pola reforma laboral
  • Máis despedimentos e por tanto máis paro
  • Suspensión dos convenios, baixada de salarios e máis horas de traballo pola mesma reforma
  • Perda da capacidade adquisitiva das pensións e retraso da idade de xubilación
  • Recurte das prestacións por desemprego e retraso na axuda a maiores de 52 a 55 anos
  • Recurte das prestacións sanitarias
  • Fomento da privatización do ensino e sanidade publica
  • Desaparición de miles de postos de traballo nos servizos públicos
  • Incremento do IRPF e do IVE, consecuencia: menos salario
  • Contrariamente, amnistía fiscal aos ricos defraudadores



MANIFESTACIÓNS 4 DE OUTUBRO
NON AO SAQUEO EXISTEN ALTERNATIVAS

VIGO - 20:00h - Vía Norte
CORUÑA - 20:00h - Praza de Vigo
PONTEVEDRA - 20:30h - Praza da Ferraría
FERROL - 20:30h - Avenida de Esteiro (local da CIG)
SANTIAGO - 20:30h - Praza Roxa
LUGO - 20:30h - Ronda da Muralla 58 (edificio sindical)
OURENSE - 20:00h - Pavillón dos Remedios
VILAGARCÍA - 20:30h - Casa do Mar

O BNG destina 30.000€ para acondicionar unha Ruta de sendeirismo entre O Saviñao e Pantón





“A provincia de Lugo ten potencial suficiente para converterse en referente turístico medioambiental e cultural de calidade. Na Ribeira Sacra conxúgase riqueza natural, historia e gastronomía e por iso é obxecto prioritario da política turística da Deputación de Lugo”. Así o manifestou o delegado de Cultura e Turismo da institución provincial e portavoz nacionalista na mesma, Mario Outeiro, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno celebrada esta mañá , na que deu conta da aprobación de dous convenios de colaboración por valor de 80.000 euros para a dinamización turística deste enclave.

Un dos convenios aprobados é o relativo ao financiamento do proxecto ‘Ruta da Ribeira Sacra do Miño’ da Asociación Veciñal de Saviñao, dotado con 30.000 euros e centrado no acondicionamento e sinalización dunha ruta de sendeirismo de máis de 30 quilómetros polas marxes do río Miño ao seu paso polos concellos de Pantón e O Saviñao. 

O outro convenio está dotado con 50.000 euros e asinarase co concello de Monforte de Lemos para a promoción e dinamización do Centro do Viño. Grazas a esta colaboración a Deputación contribuirá a facer fronte aos gastos de xestión e mantemento do museo, do punto de información e da tenda do Centro.  “Dende a Área de Cultura e Turismo estamos dispostos a apoiar calquera iniciativa que converta ao Centro do Viño de Monforte nun centro de ocio, cultura, empresarial, turístico, de formación e gastronómico, sede de todas as actividades relacionadas cos viños da Ribeira SacraDebemos de recoñecer e poñer en valor o papel que o viño ten na cultura e na economía galegas”.

Feijóo non merece unha segunda oportunidade porque Galiza non pode perder catro anos máis


O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, afirmou durante a presentación da candidatura pola provincia de Lugo que Feijóo non se merece unha “segunda oportunidade” o próximo 21 de Outubro porque “Galiza non se pode permitir perder outros catro anos.”
Jorquera explicou que por primeira vez e sen que serva de precedente está dacordo con Feijóo en que nestas eleccións hai que xulgar só o seu balance de goberno, como afirmou onte nunha entrevista, pero advertiulle que o balance da súa xestión é un “cero patatero”.
Neste sentido, lembrou que Feijóo fracasou en todas as súas políticas e lamentou que logo de comportarse estes catro anos como un delegado do goberno español, un “delegado de Rajoy” en Galiza, agora faga un chamamento para que o 21-O non se xulguen outras políticas, “agora fuxe de Rajoy e pide que se xulgue só o seu balance de goberno”
Segundo rescate
O candidato nacionalista reiterou que as políticas da dereita, baseadas só na austeridade e nos recortes brutais, só traen consigo máis recortes e máis depresión da economía e criticou que malia esta realidade, que se pode constatar en Grecia e Portugal, Rajoy estea preparando o terreno para facer pasar como “normal” o segundo rescate.
“Onte mesmo -engadiu- o presidente do Eurogrupo advertiu de que este rescate vai traer consigo condicións durísimas pero Feijóo, sen embargo, aínda non se pronunciou”.
Feijóo vai concorrer a estas eleccións coa mesma estratexia que Rajoy, agachar o seu verdadeiro programa e eludir que o balance da súa xestión é de cero patatero
Para Jorquera, esta actitude do candidato do PP é reveladora de que vai concorrer a estas eleccións coa mesma estratexia de Rajoy, agachar o seu verdadeiro programa e os brutais recortes antisociais previstos para despois do 21 de Outubro.
“Feijóo debe aclarar tamén -dixo- se está diposto a pactar ou non con Mario Conde, malia que diga que non o levaría nas súas listas, unha alianza que sería a expresión do que está pasando nos últimos tempos, a alianza da dereita cos banqueiros de casino”.
Para facer fronte a este escenario, Jorquera defendeu un profundo cambio de rumbo, un novo tempo político que non sexa simple alternancia no goberno senón a aposta por políticas como as que propón o BNG, “que planten cara aos recortes e rexeneren a democracia”.
Cosme Pombo
Pola súa parte, o cabeza de lista pola provincia, Cosme Pombo, comprometeuse a levar ao Parlamento a mellor ferramente que ten a provincia para defender os seus intereses, “e esa ferramente é o BNG”, dixo.
Pombo asegurou que o BNG ten entre as súas prioridades poñer o País a producir e reivindicar tanto os seus sectores productivos como o seu rural, e fixo unha mención especial ás dificultades que está atravesando Alcoa e o ensino no rural.
Isabel Sánchez, candidata número 2, reivindicou a pluralidade das listas nacionalistas e amosouse convencida de que hai outras solucións para virar as políticas de dereitas e “en bloque podemos” poñelas en marcha.


Celebrando os 30 anos do BNG en Lugo Sur


Os candidatos ao Parlamento de Galiza Cosme Pombo e Isabel Sánchez xunto co responsábel comarcal Ricardo Rodicio no momento das intervencións

O día 26 de setembro de 1982, no Frontón de Riazor da Coruña foi fundado o BNG, conformándose como una fronte política unificadora do nacionalismo galego, baixo o lema “Por una fronte ampla da unidade nacionalista”
Naquela  I Asemblea aprobáronse os obxectivos estratéxicos e políticos do BNG.
O nacionalismo como resposta a una situación de dependencia económica, e contra a opresión cultural e política que sofre Galiza e que imposibilita a transformación e  o benestar da sociedade galega.
Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional, a defensa da democracia e dos intereses populares e a necesidade de autoorganización política e social.
Atrás queda a loita contra a entrada na OTAN, contra o desmantelamento industrial (reconversión), contra a apropiación e manipulación dos restos de Castelao, Tratado de Maästricht,  a Plataforma Nunca Máis, a Plataforma Queremos Galego, etc. Tamén debemos recordar que no ano 2005 o BNG formou parte do Goberno da Xunta por primeira vez na historia.
Hoxe 30 anos despois daquela I Asemblea do BNG , despois de “30 anos sumando esforzos por Galiza” celebramos en Monforte a  Festa do BNG da Comarca de Lugo-sul.
Aspecto da comida donde participaron máis de 150 persoas
O PP coa excusa da crise, aproveita para arrasar con dereitos sociais e laborais. Condenan ao noso país ao abandono da economía produtiva, ou dito doutra maneira, queren ditar sentenza de morte a un futuro digno na nosa nación.
O BNG confía no noso pobo, na nosa capacidade, tendo en conta tamén,  que somos a única alternativa real fronte ás políticas de recorte do PP que están a afundir a Galiza.
O día 21 de outubro haberá Eleccións ao Parlamento de Galiza. Temos unha oportunidade que non podemos desaproveitar. Temos que dicir non a Feijóo.  Pois dicir non a Feijóo é dicir non a Rajoy e as súas políticas de recortes que solo conducen a máis miseria. O día 21 de outubro a sociedade galega ten que prantarlle cara ao PP e  aos recortes.
 “O día 21 de outubro a Galiza indomábel e insubmisa protagonizará un cambio político da mán do BNG” En Bloque podemos!!!